Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Plan de catástrofes

24/04/2012
A planificación da atención a incidentes de múltiples vítimas e catástrofes é unha actividade clave dentro do noso servizo. Por elo, tense constituido unha comisión de catástrofes, integrada por médicos e enfermeiros, da area asistencial e de coordinación.

Esta comisión participa na elaboración e/ou actualización do Plan de Catástrofes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Este plan recolle a forma de actuación ante unha situación de catástrofe, o material dispoñible, e os protocolos específicos ante riscos concretos (químicos, incendios, accidentes aéreos ou ferroviarios, etc.).

Desta forma, preténdese conseguir unha organización que permita actuar ante situacións de IMV e/ou catástrofes, que sexa difundida e coñecida por todo o persoal da Fundación.

Este plan inclúe tamén:
  • Promoción da creación de grupos de traballo entre persoal de cada base medicalizada e os servizos que atenden ás emerxencias na súa área de influencia (corpos e forzas de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil) co fin de elaborar protocolos conxuntos de actuación.

  • Realización de simulacros, co fin de exercitar a coordinación entre os distintos intervenientes.

  • Colaboración coas empresas que realizan obras de envergadura na nosa comunidade, así como na elaboración de plans de emerxencias exteriores (PEE) de empresas con potencial risco.

  • Formación continua en IMV.

     
    plan catastrofes-1.jpg
     
     
    Modificado: 21/05/2012
    xunta de galicia
    © Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
    rss
    container container