Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado

24/04/2012
Ambulancias cuxo equipamento e dotación permite prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado (SVA).

O equipo humano que integra cada ambulancia asistencial de soporte vital avanzado (AA-SVA) consta de:
  • un médico con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un diplomado en enfermaría (DUE) con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un condutor técnico en transporte sanitario (TTS).

  • un axudante técnico en transporte sanitario (TTS).

Estas ambulancias prestan servizo as 24 horas, os 365 días do ano, e están en contacto permanente coa Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (CCUSG-061), a través do teléfono, radio e sistema de localización por GPS.

A distribución das 11 bases de ambulancias medicalizadas coas que conta o 061 pódese ver aquí. O obxectivo das AA-SVA é garantir unha atención de calidade, prestando asistencia/monitorización de pacientes críticos, tanto in situ como durante o traslado a un centro sanitario, en situacións de urxencia e emerxencia.

O persoal das AA-SVA asume o mantemento da operatividade do recurso, a autoxestión da medicación e material funxible e o mantemento da base, así como o seguimento da adecuada utilización dos DESA por parte de persoal non médico. Por outra parte, colabora na realización de cursos de formación en urxencia extrahospitalaria na súa área de influencia, ademais do mantemento do material para incidentes de múltiples vítimas (IMV) e desenvolvemento de protocolos de actuación ante situacións de catástrofes.
 
 
Medicalizada.JPG

 
Modificado: 19/12/2013
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container